BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

4 abr 2010

QUE IMPIDE ATALLAR O ACOSO

Según Marina Parés Soliva. Servicio Europeo de Información sobre el Mobbing...
"Nas sociedades occidentais hai unha certa preocupación polo aumento de casos de acoso escolar. A pesar de esa preocupación social non se detiveron os casos de bullying nin tampouco se previron novos casos. Sabemos o que debemos facer para cortar co acoso escolar, pero non acabamos de facelo,... Os motivos que fan que a nosa sociedade non consiga poñer os medios necesarios para erradicar definitivamente esta grave situación de maltrato á infancia poden estar no contexto no que se produce o acoso escolar e as persoas implicadas: compañeiras e compañeiros, familia, escola, comunidade e sociedade.

a. Factores Grupais

• Persoa acosadora principal: é a persoa que instiga un acoso, é quen se rodea dunha "camarilla de matóns", é líder dese grupo agresor. A característica compartida por quen agride é a falta de empatía, é dicir, a incapacidade de poñerse no lugar da outra persoa. Además de polo grupo familiar, quen acosa está influída polo grupo de iguais.
• Camarilla: No caso de acoso existen dúas características que inciden neste grupo:a obediencia e a desindividualización. por iso unha primeira estratexia é diminuír o liderato e despois promover actuacións tendentes a aumentar o espírito crítico das persoas testemuñas pasivas do acoso e facer evidente o estado de sumisión no que caeu a camarilla.
• Testemuñas: O grupo de persoas observadoras posúe unha influencia crucial pois, se se opoñen ás agresións, quen acose perde poder e xustificación.

b. Factores Organizacionais

A solución do caso depende de cómo se reacione na comunidade educativa. Cando os casos non poden ser atallados rapidamente será máis difícil atallalos. Debe prosperar a denuncia dun acoso e prestarse credibilidade á versión da vítima para protexela. Debe ser obxectiva e valorar o respecto e a convivencia. A comunidade debe transmitir que non existen xustificacións á violencia, que non se permiten condutas acosadoras no seu seo.

Conclusións:

Nas sociedades occidentais o que impide atallar o acoso escolar é a negación a asumir o problema. A negación a aceptar a gravidade do problema dáse en todos os estamentos implicados: iníciase cando as persoas agresoras negan a inxustiza do acoso, tolérase pola comunidade minimizando os seus efectos ou pensando que é "cousa de criaturas", ocúltase polos poderes públicos cando só fan mención a datos estatísticos,... Neste proceso de negación non hai elementos de mala fe por parte da organización nin da sociedade, só hai mecanismos de resistencia que dificultan o seu recoñecemento. Cómpre a implicación de todas e todos para acabar co acoso escolar.

2 comentarios:

  1. Es verdad que siempre pensamos que son cosas de niños, sobre todo si es nuestro hijo el que agrede primero. Tendremos que empezar a cambiar o será tarde.

    ResponderEliminar
  2. Fantástico o vídeo. É certo que moitas veces xustificamos as accións... Igual nos vemos representados no vídeo. Tere

    ResponderEliminar