BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

28 mar 2010

ALGÚN PASIÑO PARA PREVIR A VIOLENCIA

PREVIR A VIOLENCIA
SE ES ALUMNA OU ALUMNO:
• Autocontrólate, aprende a manexar a túa rabia. Non discutas acaloradamente, aprende a falar e a comunicarte con propiedade.
• Axuda ao resto de compañeiras e compañeiros a resolver os seus conflitos pacificamente.
• Non tentes resolver nunca as túas disputas con pelexas.
• Axuda a outras nenas e a outros nenos a adaptarse á escola, axúdalles a incluírse no teu grupo.
• Comenta co profesorado calquera incidente violento que vexas. Denuncia a violencia, as agresións,…
SE ES NAI OU PAI
• Actúa como modelo de tranquilidade, serenidade, autocontrol.
• Axuda a que falen dos seus problemas e a que atopen solucións axeitadas aos mesmos.
• Fala na casa sobre a violencia, indica que non é aceptable, que se deben resolver os problemas de xeito pacífico.
• Fala regularmente co profesorado, apoia os traballos escolares, amosa colaboración coa escola, non xustifiques as malas accións das túas fillas e dos teus fillos,…
• Fala regularmente coas túas fillas e cos teus fillos.
• Non permitas que usen sobrenomes ou alcumes, nin tampouco que fagan bromas pesadas ou insulten a compañeiras e compañeiros,
• Pon normas adaptadas á idade, indica cales son os límites, amosa consistencia

2 comentarios:

  1. A verdade é que non podemos deixar de xustificar ós nosos fillos. Moitas veces é peor, pensamos que imos arranxar algo e o único que conseguimos, no mellor dos casos é consentilos.

    ResponderEliminar
  2. imos poñernos en marcha... Grazas

    ResponderEliminar