BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

20 dic 2019

XOGUETES PARA MEDRAR E SER IGUAIS

Resultado de imagen de JUGUETES NO SEXISTAS DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2019

Imagen relacionada


ASÍ QUE ESTE ANO PEDIREMOS ÁS RAÍÑAS MAGAS E AOS REIS MAGOS, Á APALPADORA E AO APALPADOR, A MAMÁ NOEL E A PAPÁ NOEL... QUE TRAIAN XOGUETES NON SEXISTAS.



POR UN 2020 CHEO DE IGUALDADE

9 dic 2019

PENSANDO NOS AGASALLOS DE NADAL

UNHA CANTIDADE ESAXERADA DE AGASALLOS OU XOGUETES PODE SER CONTRAPRODUCENTE.
PERSOAL EXPERTO NA MATERIA SUXIRE SEGUIR A REGRA DO 4:
- UN LIBRO
- ALGO QUE PRECISE
- ALGO QUE SIRVA PARA POÑERSE
- ALGO QUE LLE INTERESE OU APETEZA ESPECIALMENTE.

NON SE DEBE CONFUNDIR XOGO CON XOGUETE, XOGAR É "COMPARTIR, DESENVOLVER CREATIVIDADE E HABILIDADES, RELACIONARSE, TRABALLAR EMOCIÓNS, DIVERTIRSE, COLABORAR,..."
UN BO XOGUETE BASTA.


24 nov 2019

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

LOITAR CONTRA A VIOLENCIA É LOITAR CONTRA A DISCRIMINACIÓN



20 nov 2019

DEREITOS DA INFANCIA: ANIVERSARIO 20 DE NOVEMBRO


REFLEXIONAR SOBRE OS DEREITOS CON AXUDA DE CONTOS E VÍDEOS



2 oct 2019

BOA ÉPOCA PARA TRABALLAR OS MEDOS

COA CHEGADA DO SAMÁIN O TRABALLO AO REDOR DOS MEDOS FAISE IMPRESCINDIBLE.
PODEMOS USAR MOITOS CONTOS E HISTORIAS. ASÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS:
Libros sobre miedos para niños














Resultado de imagen de CUENTOS PARA CURAR EL MIEDO


12 jun 2019

FALAR DE SEXUALIDADE NA CASA

O ALUMNADO TEN PREGUNTAS QUE PODEMOS AXUDARLLES A SOLUCIONAR.
ALGÚNS LIBROS PODEN AXUDAR:
Imagen relacionada
Resultado de imagen de LIBROS DE SEXUALIDAD PARA NIÑOS
Imagen relacionada
Resultado de imagen de LIBROS DE SEXUALIDAD PARA NIÑOS

cuentamelo todo: 101 preguntas realizadas por niños y niñas sobre un tema apasionante-katharina von der gathen-9788416003488

¿que es esto?: la sexualidad explicada para niños-cecilia blanco-daniel lowy-9788416773336
Resultado de imagen de LIBROS DE SEXUALIDAD PARA NIÑOS
Resultado de imagen de LIBROS DE SEXUALIDAD PARA NIÑOS

Imagen relacionada

14 mar 2019

RACHA CO ACOSO

NON SEXAS CÓMPLICE!
RACHA CO ACOSO!

HAI VARIOS TIPOS DE ACOSO E TI PODES FACER QUE NON EXISTA.





7 mar 2019

RACHAR COS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: CORRESPONSABILIDADE


O XOGO NON DEBE TER XÉNERO: XOGUEMOS CREANDO IGUALDADE.

O xogo é para as nenas e para os nenos unha maneira de entender a realidade e apropiarse dos costumes sociais.
Dende pequenas e pequenos a familia e o entorno promoven maneiras de actuar e dan modelos de estar.  Podemos facelo en pé de igualdade ou non.
Se diferenciamos coa elección da cor do cuarto, da roupa, do tipo de xogos e xoguetes, estamos promovendo diferenzas futuras. Para ninguén é un segredo que a familia e os círculos sociais onde nos movemos celebran o nacemento dunha nova criatura (e mesmo antes de que naza) asignándolle de maneira estándar formas de vestir, cores de roupa. cores de cuarto, deseños das sabas e mantiñas, os xoguetes e os peluches,...
Por que azuis para os nenos e rosas para as nenas? Por que non de moitas cores diversas e variadas en gamas e tons?
Por que coches para uns e bonecas para as outras? Acaso non levan coches as mulleres, acaso non coidan bebés os homes?
Ás veces semellan pequenos detalles, pero son eses os que salientan diferenzas e reforzan estereotipos e roles que implican desigualdades de xénero.
Cos xogos aprenden a imitar ás persoas adultas, pero tamén aprenden habilidades concretas e potencian determinadas capacidades. Por que imos potenciar unha parte delas e desbotar outras? Os xogos permiten que aprendan cousas da realidade, que establezan vencellos co cotiá, que comecen a formar afinidades, que exploren habilidades motrices, sociais, somáticas, psíquicas e fisiolóxicas... como impedirlles unha experiencia rica e variada? Por que limitar as experiencias a uns xogos e xoguetes concretos?
Deberiamos cuestionarnos eses costumes de diferenciar por cores, por xoguetes, por xogos ... e potenciar o pensamento crítico, que as nenas e os nenos entendan que non hai cousas para nenas e cousas para nenos, se non que poden xogar con todo.
Na construción dun mundo máis xusto e máis igualitario, no que se respecten os dereitos das persoas, a eliminación de estereotipos de xénero é fundamental.
Pretendemos unha sociedade de corresponsabilidades no fogar e fóra, como podemos entón pedirlle a unha nena que non xogue con coches, ferramentas, bloques de construción? como pedirlle a un neno que non manexe a cociñiña, vista unha boneca, faga compras...? como podemos solicitar a unha nena que non xogue ao fútbol e a un neno que non faga ximnasia rítmica? Todos os xogos e xoguetes proporcionan habilidades, desenvolven creatividade, axudan a comprender as funcións das cousas,...
A sociedade cambia e os roles a desenvolver son válidos para todas e todos, como pedirlle ás nenas e aos nenos que non interactúen cos diferentes obxectos e prácticas sociais?
O xogo permite vivenciar situacións do cotiá, recoñecer o mundo, explorar de diferentes maneiras o espazo, o tempo e os obxectos, Cada xogo e cada xoguete ten as súas características e privar ás nenas e aos nenos dalgún deles significa cortarlles un cacho de experiencia, estimulación e exploración necesarias para vivir no mundo actual.
As nenas e os nenos non teñen prexuízos ante obxectos, xogos e xoguetes, somos as persoas adultas as que caemos na trampa dos prexuízos e ensinamos erroneamente que determinado xogo ten que asignarse a un sexo específico; somos as adultas e os adultos que de maneira coercitiva acoutamos a exploración das súas habilidades para un xogo ou outro. Temos un papel fundamental na construción da identidade das nenas e dos nenos, somos nas súas aprendizaxes o pivote que permite e acompaña as súas diferentes experiencias lúdicas, a exploración do medio, as fantasías, as inquedanzas, os desexos, as investigacións, as lecturas, ...
Co xogo buscan diversión pero tamén aprendizaxe, por que non aprender a ser iguais dende a infancia?
Evitar estereotipos dende pequenas e pequenos axuda a unha vida adulta máis igualitaria.

5 mar 2019

REFLEXIONADO SOBRE A CORRESPONSABILIDADE DOMÉSTICA: A IGUALDADE

ADEMAIS DAS NOVAS DE PRENSA QUE ESTES DÍAS NOS ACHEGAN DATOS E FEITOS, PODEMOS USAR NA CASA COAS NENAS E COS NENOS CONTOS, IMAXES,... E VÍDEOS. ESTE PERMITE QUE DIALOGUEMOS SOBRE A TEMÁTICA NA CASA E NAS AULAS.

9 feb 2019

IGUALDADE ANTE A CIENCIA

ESTES DÍAS PODEMOS APROVEITAR A CELEBRACIÓN DO 11 DE FEBREIRO (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia) PARA DAR UN PASIÑO MÁIS CARA Á IGUALDADE.
O PROPÓSITO É LOGAR O ACCESO, A PLENA PARTICIPACIÓN E O EMPODERAMENTO DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA, ADEMAIS DE VISIBILIZAR O TRABALLO DAS CIENTÍFICAS  E FOMENTAR A VOCACIÓN INVESTIGADORA NAS NENAS.
TEMOS VARIOS LIBROS QUE NOS PODEN AXUDAR:
Resultado de imagen de CIENTÍFICAS. COCINAN, LIMPIAN Y GANAN EL PREMIO NOBEL (Y NADIE SE ENTERA)

Resultado de imagen de calculadoras de estrellas

Resultado de imagen de LAS CHICAS SON DE CIENCIAS
Resultado de imagen de supermujeres superinventoras ideas brillantes que transformaron nuestra vida

Resultado de imagen de ada magnífica científica

Resultado de imagen de PRIMATES. LA INTRÉPIDA CIENCIA DE JANE GOODALL, DIAN FOSSEY Y BIRUTÉ GALDIKAS

Resultado de imagen de PRIMATES. LA INTRÉPIDA CIENCIA DE JANE GOODALL, DIAN FOSSEY Y BIRUTÉ GALDIKAS

Resultado de imagen de MUJERES Autores: Isabel Ruiz Ruiz

20 ene 2019

A PAZ E A NON VIOLENCIA.

HAI MOITOS PERSONAXES SOBRE OS QUE PODEMOS TRABALLAR NESTES DÍAS E QUE NOS PERMITEN DEBATER SOBRE O SIGNIFICADO DA PAZ:
Resultado de imagen de rigoberta menchu
RIGOBERTA MENCHÚ
Resultado de imagen de wangari
WANGARI MAATHAI
Imagen relacionada
JANE ADDAMS
Resultado de imagen de mujeres premio nobel de la paz
MALALA