BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

10 dic 2020

SOBRE XOGOS, XOGUETES E LECTURA

 NESTES DÍAS QUE PENSAMOS EN AGASALLOS QUEREMOS DEIXAR UNHAS SUXESTIÓNS:






7 dic 2020

OS NOSOS DEREITOS

 

ENLAZAMOS TODO O QUE VIMOS TRABALLANDO NESTAS SEMANAS COS DEREITOS DA INFANCIA, DOS SERES HUMANOS...





REFLEXIONAMOS SOBRE OS DEREITOS E DEBERES E COMO SE RECOLLEN...




2 dic 2020

3 DE DECEMBRO: POLOS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 A SENSIBILIZACIÓN SOCIAL E O COÑECEMENTO DAS DISCAPCIDADES AXUDARÁ A QUE CADA PERSOA VEXA RECOÑECIDO OS SEUS DEREITOS.

COAS NENAS E COS NENOS PODEMOS TRABALLAR PARA QUE COÑEZAN:



25 nov 2020

25 DE NOVEMBRO: NON Á VIOLENCIA MACHISTA

 A VIOLENCIA MACHISTA TEN MÚLTIPLES MANIFESTACIÓNS.



REXEITÁMOLAS TODAS!




23 nov 2020

LOITEMOS POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 A VIOLENCIA MACHISTA É UNHA LACRA SOCIAL CON MÚLTIPLES MANIFESTACIÓNS.

REFLEXIONAR CO ALUMNADO SOBRE ELA É FUNDAMENTAL PARA ERRADICALA.

USAREMOS RECURSOS VARIADOS: CONTOS, PRESENTACIÓNS, CARTEIS, VÍDEOS,...



O DÍA DA PALABRA: PALABRAS PARA O CLUB DE LETRAS

 O ALUMNADO DO COLEXIO REALIZOU LISTAXES DE PALABRAS RELACIONADAS CON COIDADO, IGUALDADE, RESPONSABILIDADE...

VELAQUÍ OS RESULTADOS DA ACTIVIDADE EN 5º





20 nov 2020

NO DÍA DA PALABRA...

 O 23 DE NOVEMBRO É O DÍA DA PALABRA.

IMOS CELEBRALO CON PALABRAS RELACIONADAS CO COIDADO E A IGUALDADE... MAIS TAMÉN REFLEXIONANDO SOBRE O USO QUE DAS PALABRAS FACEMOS.



APRENDAMOS A USAR AS PALABRAS ADECUADAMENTE, CON RESPECTO E AMABILIDADE. 



9 nov 2020

CONTRA O ACOSO

 NESTES DÍAS FALAMOS EN VARIAS AULAS DO CENTRO SOBRE O ACOSO E COMO LOITAR CONTRA EL.

DE QUE NON GARDEMOS SILENCIO DEPENDE QUE O ACOSO NON CONTINÚE.

NON CALEMOS ANTE UNHA CONDUTA ACOSADORA...



TENTAMOS TAMÉN DIFERENCIAR ACOSO DE OUTRAS CONDUTAS VIOLENTAS OU AGRESIVAS. NINGUNHA É TOLERABLE.


6 oct 2020

AS PREOCUPACIÓNS E COMO DESFACERSE DELAS

TODOS OS DÍAS AS PREOCUPACIÓNS VAN OCUPANDO ESPAZOS E FACÉNDONOS SENTIRNOS MAL: PREOCUPARNOS POR NON DAR FEITO, POR NON SABER, POR TER MEDO, POR... 
UN CONTO PODE AXUDARNOS...
 

31 jul 2020

VOLTA AO COLEXIO DESPOIS DUN LONGO TEMPO NA CASA

VOLTA AO COLEXIO DESPOIS DUN LONGO TEMPO NA CASA 

 Cando as nenas e os nenos comezan na escola despois dunhas vacacións, case sempre custa que volvan ás rutinas e hábitos.
Normalmente isto dura uns poucos días (nos que amosan cansazo, irritabilidade, desatención,...) pero retoman case todo onde o deixaran.
 Este setembro regresarán despois dun período máis longo de ausencia e probablemente haberá rutinas novas, diferentes ás que xa coñecían (como distanciamento, emprego de elementos diferentes de hixiene, evitar compartir útiles, precaucións ao tusir,...). Tardarán algo máis en volver á rutina

Con que nos podemos atopar?
- Rexeitamentos ao ter que erguerse cedo.
- Medo a enfrontarse a algo invisible do que toda a xente fala.
- Resistencias ao cambio nas rutinas que estiveron tendo na casa o último trimestre e durante o verán (case seis meses!): horarios de sono, de comidas, de traballo, ...
- Inseguridade
Que deberiamos facer?
- Falar do COVID 19 con naturalidade, sen asustar. Poden empregarse contos e audiocontos, hai varios na rede e nos blogs do colexio ao noso alcance.
 - Axudar a xestionar as emocións con debuxos, historietas, charlas distendidas,...
- Comentar (e ensaiar) tan pronto se coñezan as medidas de precaución e prevención que se deberán poñer en marcha . Rutinizar tamén nas vacacións aquelas medidas de hixiene que xa son norma: lavado correcto e frecuente de mans, evitar tocar cara, saber poñerse a máscara, aprender a agardar para entrar nos espazos onde hai moita xente, tusir tapando a boca co brazo, gardar distanza...
- Tentar con calma e serenidade que acaden as autonomías propias da idade para que non lles supoñan un obstáculo na súa adaptación.
- Ao redor de 10 días antes do día de inicio na clase, ir adaptando ás nenas e aos nenos ao novo horario, non deixalo todo para os últimos días. Regular a hora de deitarse, o tempo de sono, as rutinas de erguerse, o tempo de comidas, etc... Adaptarse paseniño ao horario escolar, falar das rutinas que teremos, anotalas conxuntamente se cómpre nun cadro semanal adaptable á idade delas e deles.
- Falar en positivo do colexio, do que van aprender, dos reencontros,... Contar anécdotas propias divertidas e agradables sobre o tempo de escola.
- Manter conversas sobre a escola, sobre o que aprendeu nela, sobre o que lle gusta e o que non. Motivar cara á aprendizaxe.
- Non transmitir as nosas preocupacións sobre o que pasará ou non, sobre as novidades que poida haber, sobre o profesorado que terá, ... Evitar falar da preguiza que nos produce o cambio de horario, o ter que levalas ou levalos ao colexio,... Evitar a negatividade. Transmitir ilusión pola aprendizaxe.
 - Dar confianza e apoio, sen sobreprotexer. Podemos axudar a que o vexan como un reto que imos superar. Escoitar os seus medos, dúbidas, preguntas e tentar falar sobre iso con calma. Podemos ler historias sobre “ir á escola” , hainas variadas e mesmo divertidas.
- Establecer hábitos de estudo. Falar en familia das normas de uso de internet, móbil, tablet, tele,... que sexan adecuadas para que non interfiran eses medios no traballo escolar e nas rutinas adecuadas.
- Preparar conxuntamente o material escolar de acordo coas normas que o colexio indique, adecuarse ás suxestións sobre tamaño, cantidade, ... Ter presente que pode haber cambios de acordo coas medidas de prevención e seguridade que establezan as autoridades educativas de cada comunidade autónoma. Non mercar mochilas ou materiais que despois non poderán usar e que suporán un desgusto e unha decepción.
- Revisar os blog do curso pasado. Comentar o que fixeron.
- Ir ata o colexio dar un paseo para coñecelo se é a primeira vez que vai a el ou/e ver se hai cambios no entorno, observar o patio,... comentar cal é o edificio no que previsiblemente estará a súa aula,.... Repasar como chegar (pode usarse plano e medios dixitais para situarse).
- Consensuar o día anterior a comezar a roupa que porán.
 - Erguerse con tempo suficiente de acordo coas características de cada nena e cada neno (hai quen o fai rápido, quen amosa moita autonomía, quen lle custa espertar,...), nada é peor que andar con présas e/ou chegar tarde, ... Non hai escusas adecuadas que xustifiquen ese hábito inadecuado. Almorzar ben e con tempo, o almorzo é unha das comidas máis importantes do día e daralles a enerxía suficiente para comezar e levar a mañá.
- Ver as posibilidades de acompañamento á escola nese primeiro día dependendo da idade. Levalas e levalos puntualmente para que se integren adecuadamente dende o primeiro día e recollelas e recollelos tamén con puntualidade.
- Proporcionar merendas saudables e adecuadas (en calidade e cantidade) á idade.
 - Poñerse cada día un tempo para repasar o sucedido na escola, repasar as tarefas, ver a axenda e o blog... Crear un espazo e un tempo (adaptados á idade e características das nenas e dos nenos, non ten por que ser moito) para as rutinas de estudo na casa.
 - Atopar tempos para gozar conxuntamente das afeccións e gustos.