Aprender a comportarse non se fai espontaneamente.
Hai que traballalo dende a casa e dende a escola.
Precísase ser sistemáticas e sistemáticos e non pensar que xa aprenderán de maiores.
Teñen que coñecer como comportarse na mesa:
Usar por favor e grazas
Deixar todo onde estaba
Desculparse
Cumprir as normas
Esta bitácora foi creada para que as compañeiras e os compañeiros de Xiana poidan aprender que significa o acoso escolar e poidan comentar aquí os casos de acoso que detecten. Ademais aparecerán vídeos, contos e propostas de traballo contra calquera tipo de violencia. Agora é o noso blog con propostas tamén relacionadas coa educación en valores. O CEIP VILAVERDE AGARDA QUE VOS SEXA DE UTILIDADE
BENVIDA
BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.
17 abr 2015
9 abr 2015
EDUCAR NO AUTOCONTROL
A intelixencia emocional pode desenvolverse.
Dende pequenas e pequenos un aspecto a aprender é a de controlar as emocións. Aprender a enfrontarse ás frustracións. Non é adecuado que aprendan a saírse sempre coa súa con rabechas.
Ten que aprender a valerse por si, buscar maneiras de entreterse, de agardar e non obter inmediatamente todo o que desexa.
Ten que aprender a controlar os seus impulsos e conduta. Ningunha excusa é válida para amosar enfado desorbitado.
As familias somos modelo para as nenas e os nenos, e o noso autocontrol é básico para que se esforcen en acadar o seu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)