HAI QUEN XULGA SEN SABER... HAI QUE AGARDAR A COÑECER ANTES DE FACER XUÍZOS...
Esta bitácora foi creada para que as compañeiras e os compañeiros de Xiana poidan aprender que significa o acoso escolar e poidan comentar aquí os casos de acoso que detecten. Ademais aparecerán vídeos, contos e propostas de traballo contra calquera tipo de violencia. Agora é o noso blog con propostas tamén relacionadas coa educación en valores. O CEIP VILAVERDE AGARDA QUE VOS SEXA DE UTILIDADE
BENVIDA
BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.
27 oct 2010
23 oct 2010
OUTRA FÁBULA: OS DOUS CANS
OS DOUS CANS
- ¡NON ME RECLAMES A MIN, RECLÁMALLE Á DONA, POIS NO CANTO DE ENSINARME A TRABALLAR, ENSINOUME A VIVIR TRANQUILAMENTE DO TRABALLO ALLEO! E AGORA NON SEI BUSCAR A VIDA.
PIDE SEMPRE QUE TE ENSINEN A FACER ALGO, QUE POIDAS TRABALLAR, QUE POIDAS CONSEGUIR AS COUSAS POR TI... ESFÓRZATE EN APRENDELO CORRECTAMENTE.
CANDO O CAN CAZADOR SAÍA DE CACERÍA SE COLLÍA ALGUNHA PRESA, A DONA REGALÁBANLLE UN ANACO AO CAN DA CASA. O CAN CAZADOR NON ESTABA CONTENTO CON ISTO E DÍXOLLE AO CAN DA CASA QUE ERA EL QUEN TRABALLABA E SUFRÍA, MENTRES QUE EL GOZABA DO TRABALLO ALLEO.
O CAN DA CASA DIXO:- ¡NON ME RECLAMES A MIN, RECLÁMALLE Á DONA, POIS NO CANTO DE ENSINARME A TRABALLAR, ENSINOUME A VIVIR TRANQUILAMENTE DO TRABALLO ALLEO! E AGORA NON SEI BUSCAR A VIDA.
MORALEXA:
PIDE SEMPRE QUE TE ENSINEN A FACER ALGO, QUE POIDAS TRABALLAR, QUE POIDAS CONSEGUIR AS COUSAS POR TI... ESFÓRZATE EN APRENDELO CORRECTAMENTE.SE FACEMOS DE ALGUÉN UNHA PERSOA INÚTIL, VÁINOLO REPROCHAR TAN PRONTO SE DECATE DISO.
9 oct 2010
LÍMITES AOS REIS DA CASA
Unha nova dos últimos días volve poñer sobre a mesa o tema dos límites, o exemplo familiar,...
Ter unhas normas claras, unhas rutinas diarias e uns horarios adecuados proporcionan seguridade ás nenas e aos nenos. Está comprobado que nun ambiente disciplinado, é mais doada a convivencia, desenvólvese a autoestima máis alta, hai máis autonomía e responsabilidade.
Poñemos normas, pero o malo é que pasamos a maior parte do tempo perseguindo ás nenas e aos nenos para lembrarlles cada unha delas: Recolliches? Fixeches os deberes? Lavaches as mans?... e acostumamos ás criaturas a que o que teñen que facer, faise cando avisamos.
Ás veces usamos ameazas para que cumpran, pero o malo é que como non cumprimos as ameazas, non cumprirán nunca.Vaise convertendo nun xogo entre familias e nenas e nenos, un xogo con regras cambiantes e un xogo que acostuman perder nais e pais.
Son inimigos da responsabilidade:
• Facer as cousas polas nenas e polos nenos
• Sobreprotexer e non esixir de acordo coas súas capacidades
• Quitar autoridade facéndolles ver que non pasa nada se non fan
• Recordarlle constantemente o que ten que facer, sen darlle oportunidade de que fagan
• Non ensinar a responsabilizarse
• Non revisar se cumpriron ou non, pensar que a responsabilidade aparece por arte de maxia.
• Permitir que boten a culpa a outras persoas do que non fan: “o compañeiro faloume e non me deixou facer” “a profe esixe moito” “estaba canso e non fixen” “é moito o que teño que facer”
• Non deixar que fagan as cousas soas e sós.
• Subestimar a capacidade das nenas e dos nenos: “teñen pouca idade” “é moito para que fagan” “non pode facer tanto”
• Dar prioridade a cousas que non o son: “non quero que pase a tarde facendo deberes, ten que ir a extraescolares”, “cando veño do traballo prefiro xogar con ela”,...
• Xustificar á nena ou ao neno cando non fai o que debe: “non puido facelo porque fomos ver a avoa”, “hoxe tiña natación” “chegamos tarde a casa”,...
Estes enlaces e o artigo que reproducimos a continuación pode axudarnos a reflexionar:
Los reyes de la casa... y del colegio
Autor: Javier Armesto
Publicado en Voz de Galicia. 8/10/2010
Se empieza desafiando al profesor y se acaba rompiéndole las muñecas. Es lo que ha hecho un alumno de secundaria de Castellón, y los responsables del centro sopesan la posibilidad de enviar al joven a un servicio de atención pedagógica. No consta que el chaval sea huérfano, pero, por lo visto, la familia ha dejado de ser el principal referente educativo.
Los padres de hoy en día llevan a sus hijos a desayunar al colegio, delegan su cuidado en abuelos y empleadas de hogar, pretenden que los centros de enseñanza sean una especie de aparcamiento donde dejar al niño hasta bien entrada la tarde e incluso quieren cambiar el calendario lectivo para que haya más clases extraescolares, menos vacaciones... A esto lo llaman «conciliar» la vida familiar y la laboral.
¿Autoridad docente? A ver quién manda callar en la escuela "a los reyes de la casa".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)