NESTES DÍAS QUE TRABALLAMOS SOBRE NORMAS, LEIS, DEREITOS E DEBERES... É UN BO MOMENTO PARA REFLEXIONAR.
AÍ NOS QUEDA UN DOCUMENTO QUE PODE SERVIR COMO PUNTO DE PARTIDA PARA UN DEBATE...
Esta bitácora foi creada para que as compañeiras e os compañeiros de Xiana poidan aprender que significa o acoso escolar e poidan comentar aquí os casos de acoso que detecten. Ademais aparecerán vídeos, contos e propostas de traballo contra calquera tipo de violencia. Agora é o noso blog con propostas tamén relacionadas coa educación en valores. O CEIP VILAVERDE AGARDA QUE VOS SEXA DE UTILIDADE
BENVIDA
BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.
16 dic 2015
20 nov 2015
TRABALLANDO NA ESCOLA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO
ESTES DÍAS TRABALLAMOS NA ESCOLA CONTA O MALTRATO DE XÉNERO. USAMOS ESTE GUIÓN:
1º REFLEXIONAMOS SOBRE OS TIPOS DE MALTRATO
E SOBRE OS MICROMACHISMOS
E DESPOIS, A TRAVÉS DE HISTORIAS, CONTOS E POEMAS, COMENTAMOS E DEBATEMOS EN EQUIPOS E EN GRAN GRUPO, TRATANDO DE SENSIBILIZARNOS E PREVIR SITUACIÓNS DE MALTRATO DE XÉNERO. VELAQUÍ ALGÚNS DOS TEXTOS USADOS:

Maruxa from xianadecide
17 nov 2015
CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO
A IGUALDADE E A NON DISCRIMINACIÓN ESTÁN NA BASE DA LOITA CONTRA O MALTRATO
<
<
18 oct 2015
OS MEDOS ENTRE O ALUMNADO
Xeralmente os medos acostuman aparecer entre os 3 e os 6 anos cando as nenas e os nenos non entenden inda ben o que sucede ao seu redor e tampouco son quen de separar o que é real do que non o é.
Os medos aparecen e desaparecen e van cambiando a medida que se medra.
Ás veces os contos poden axudar neste proceso. Algúns contos poden ser coma este.
Outros podemos velos e escoitalos, por exemplo:
Outros podemos velos e escoitalos, por exemplo:
6 sept 2015
NORMAS E LÍMITES
Nenas e nenos teñen que pasalo ben, mais tamén teñen que saber que deben cumprir as súas obrigas.
Cando queremos que se ateñan ás normas, nas familias pode custarnos un chisco:
- hai que aprender a tolerar ás veces algún berrinche
- hai que aprender a manexar que as nenas e os nenos digan que non queren facer algo que se lles pide
- hai que esforzarse en manterse firmes
As nenas e os nenos aprenden que a imposición de límites á súa conduta é polo seu ben, porque necesita aprender normas e conducirse adecuadamente segundo os espazos nos que se atopen.
Educar implica limitar a conduta, prohibir determinadas accións, non dar todo,... cando hai algo que non deben facer hai que conseguir que non o fagan.
Custa dicir que non, pero dando todo o que queren, piden,... non lles facemos ningún favor.
Canto antes comecemos, mellor.
17 abr 2015
APRENDER A COMPORTARSE
Aprender a comportarse non se fai espontaneamente.
Hai que traballalo dende a casa e dende a escola.
Precísase ser sistemáticas e sistemáticos e non pensar que xa aprenderán de maiores.
Teñen que coñecer como comportarse na mesa:
Usar por favor e grazas
Deixar todo onde estaba
Desculparse
Cumprir as normas

9 abr 2015
EDUCAR NO AUTOCONTROL
A intelixencia emocional pode desenvolverse.
Dende pequenas e pequenos un aspecto a aprender é a de controlar as emocións. Aprender a enfrontarse ás frustracións. Non é adecuado que aprendan a saírse sempre coa súa con rabechas.
Ten que aprender a valerse por si, buscar maneiras de entreterse, de agardar e non obter inmediatamente todo o que desexa.
Ten que aprender a controlar os seus impulsos e conduta. Ningunha excusa é válida para amosar enfado desorbitado.
As familias somos modelo para as nenas e os nenos, e o noso autocontrol é básico para que se esforcen en acadar o seu.
12 feb 2015
EDUCAR NA RESPONSABILIDADE
NESTES ÚLTIMOS TEMPOS MOITAS PERSOAS EXPERTAS
- FALAN DA NECESIDADE DE EDUCAR NA RESPONSABILIDADE, AXUDAR A MADURAR...
- ALERTAN SOBRE A INMADUREZ QUE AS NOSAS NENAS E OS NOSOS NENOS ARRASTRAN ATA UNHA IDADE MOI TARDÍA E CULPAN Á SOBREPROTECCIÓN DISO
ME NIEGO A SER LA AGENDA DE MI HIJA POR EL WHATSAPP…
20 ene 2015
DENDE A CASA PODEMOS AXUDAR A QUE AS NENAS E OS NENOS ACADEN AS COMPETENCIAS
NON SE TRATA DE CONVERTER A CASA NUN CENTRO EDUCATIVO...
SIMPLEMENTE EN REALIZAR TAREFAS SINXELIÑAS.
ALGÚNS EXEMPLOS PARA CADA DÍA APARECEN NESTE ALMANAQUE DA CEAPA
SIMPLEMENTE EN REALIZAR TAREFAS SINXELIÑAS.
ALGÚNS EXEMPLOS PARA CADA DÍA APARECEN NESTE ALMANAQUE DA CEAPA
14 ene 2015
A PAZ NON É SÓ AUSENCIA DE GUERRA
Rigoberta Menchú, que foi premio Nobel da paz dixo:
“A paz non é soamente a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión difícilmente poderemos acadar un mundo de paz.”

Nós así o cremos.
Pensamos que a paz se consegue coas cousas e accións de cada día.
Vivir en paz é vivir sen medo, sen pelexas, sen violencia, sen enemizades, sen rancores, sen ameazas,...
Vivir en paz é vivir pasando das tonterías, tendo solidariedade, compartindo, respectando, tolerando, ...
Vivir en paz é sorrir, cantar, responsabilizarse, axudar, comprometerse, valorar,...
Vivir en paz é non poñer excusas para promover a enemizade, a loita, a desesperanza, a inxustiza, a desigualdade,...

4 ene 2015
OS VIDEOXOGOS ENGANCHAN
OS VIDEOXOGOS ENGANCHAN.
AS FAMILIAS DEBEN PODER DETECTAR O PROBLEMA E TER NA SÚA MAN SUXESTIÓNS PARA ATALLAR O PROBLEMA ANTES DE QUE SE PRODUZA.

NESTA PÁXINA DO ORIENTA BLOG PODEMOS TER ALGUNHAS CLAVES DE INTERESE.
AS FAMILIAS DEBEN PODER DETECTAR O PROBLEMA E TER NA SÚA MAN SUXESTIÓNS PARA ATALLAR O PROBLEMA ANTES DE QUE SE PRODUZA.
NESTA PÁXINA DO ORIENTA BLOG PODEMOS TER ALGUNHAS CLAVES DE INTERESE.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)