Nenas e nenos teñen que pasalo ben, mais tamén teñen que saber que deben cumprir as súas obrigas.
Cando queremos que se ateñan ás normas, nas familias pode custarnos un chisco:
- hai que aprender a tolerar ás veces algún berrinche
- hai que aprender a manexar que as nenas e os nenos digan que non queren facer algo que se lles pide
- hai que esforzarse en manterse firmes
As nenas e os nenos aprenden que a imposición de límites á súa conduta é polo seu ben, porque necesita aprender normas e conducirse adecuadamente segundo os espazos nos que se atopen.
Educar implica limitar a conduta, prohibir determinadas accións, non dar todo,... cando hai algo que non deben facer hai que conseguir que non o fagan.
Custa dicir que non, pero dando todo o que queren, piden,... non lles facemos ningún favor.
Canto antes comecemos, mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario