BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

11 ene 2010

FORMAS DE ACOSO

O acoso emprega varias formas:
Exclusión social (ignorar, illar, evitar a participación, marxinar, silenciar, facer baleiro ao redor,…)
Agresión verbal ( insultar, alcumar, espallar rumores, ridiculizar, burlarse, mandar mensaxes …)
Agresión física indirecta (roubar, agochar obxectos, rachar ou estragar materiais,…)
Agresión psicolóxica (ameazar, meter medo,…)
Agresión física directa (facer cambadelas, tirar dos pelos, pintar a cara, empurrar, pegar,sacar a roupa, levantar a saia, …)
Chantaxe (obrigar a facer cousas, coaccionar, extorsionar,…)”

3 comentarios:

  1. SON FILIPE. EU NON SON ACOSADO NIN ACOSO, MAIS COÑEZO QUEN ESTÁ A SUFRILO. DIXÉRONME QUE QUEN NON AXUDA SE COÑECE UN ACOSO É CONSIDERADO COMO COLABORADOR. QUE PODO FACER PARA AXUDAR?

    ResponderEliminar
  2. Estou sendo acosado por correo electrónico.Remítenme ao meu correo insultos e "conselliños" simulados para que sexa un "tío normal". Síntome nervoso, anguriado e os luns dóeme a cabeza. Non quero nin pensar en volver comezar a semana con esa anguria.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo7/2/10 18:49

    Hai tantos tipos de acoso! Seguro que segundo sexan nenas ou nenos, prefiren usar un tipo ou outro, non si?

    ResponderEliminar