NENAS E
NENOS EN CONFINAMENTO
·
Cada nena e cada neno seguro que
reaccionou diferente:
-
Puido haber quen se aledou (por
diferentes motivos: vou durmir máis, vou estar sen ir ao cole, vou estar
máis coa familia, vou poder xogar moito máis co ordenador,...)
-
Puido haber quen se puxo triste (non
vou ver ás compañeiras e aos compañeiros, non vou ir ao cole, vou estar todo o
tempo na casa, non podo ir ao parque,...)
-
Puido haber a quen lle dou igual, que se
adapta ás situacións.
·
Co tempo tamén puideron producirse
situacións diferentes:
-
Quen se negou a comunicarse
-
Quen tivo chamadas de atención
-
Quen amosou retroceso en autonomías que
xa conseguira
-
Quen manifestou ansiedade, medo,
inseguridade, irritabilidade.
-
Quen sentiu desacougo por ter que quedar
na casa
-
Quen amosou rebeldía
-
Quen se puxo colaboradora e colaborador
-
Quen amosou autocontrol e madurez para a
idade
-
...
·
Se queremos que todo vaia ben teremos
que asegurarnos de que entende a situación, non debemos eludir as súas preguntas,
nin evitar solucionar as súas dúbidas (daremos información ao seu nivel):
-
Tivo explicación ao seu nivel de por que
xa non ía ir ao colexio? Ou pensamos que é pequena/pequeno e decidimos non
contarlle nada?
-
Coñecen o por que desta situación
excepcional? Teñen información sen alarmar?
-
Tivemos a paciencia de contarllo varias
veces? Todas as que nos preguntou para asegurarse ou para completar detalles?
Todas as que preguntou para poder asimilar o que ocorre e aceptalo?
-
...

·
Xa saben que deben
quedar na casa, xa saben por que non poden ter contacto directo coas amizades,
con familiares,... e agora que?
-
É moi importante atender á parte
emocional e afectiva. Temos que asegurarnos que poden expresar as súas emocións
(o enfado, o medo, a preocupación,...) e que o fan adecuadamente. Convén
preguntarlles como están, ver se hai algo que botan de menos. Podemos conversar
sobre o que nos gusta da situación e o que non, atopar o positivo de estar
xuntas e xuntos. Sobre todo debemos tentar transmitir seguridade e calma.
Acostuma a suceder que, canto máis pequenas e pequenos
son, menos saben poñer nome ás emocións. Podemos axudarlles con contos.
-
É bo que as e os escoitemos sen valorar
nin xulgar o que nos din. Que sintan que escoitamos. Ás veces pode suceder que
non son capaces de expresar o que senten con palabras, podemos dar alternativas
como debuxar, expresalo cun boneco ou cunha boneca, modelar plastilina, ...
Podemos contar un conto inventando personaxes e ir dicindo como se senten en diversas situacións das que están
a vivir nestes momentos de confinamento.
-
Somos modelo, as nosas emocións e
expresións inflúen nas nenas e nos nenos. A nosa tranquilidade, tranquiliza. O
noso estado de ánimo inflúelles, hai transferencia emocional.
·
Ademais convén...
-
Manter de luns a venres unha rutina na
casa pode axudar a que sintan seguridade, a que saiban que agardar en cada
momento. Non deixar de manter límites con coherencia e agarimo. Facer un
horario conxunto permitirá que teñan estabilidade e estrutura. Conseguiremos
que o seu mundo teña orde.
-
Facer tarefas escolares é adecuado para
non perder os hábitos de traballo, pero deben mesturarse períodos de atención
con descansos.
-
Xogar e divertirse é estupendo. Non ten
que ser xogo todo o día nin diversión constante. Haberá momentos tamén de
tarefa, de colaboración, de tranquilidade, de espazo individual e tempo
libre,... Terán que aprender a agardar a que esteamos libres, saber esperar
tamén é algo a aprender. Cando falamos de xogos e diversión temos unha enorme
variedade de posibilidades: xogos de mesa, xogos inventados, xogos motrices,
bailes, ...
-
Buscar momentos para a actividade
física. Permitir ás nenas e aos nenos que propoñan actividades a carón de
outras que suxeriremos/indicamos as persoas adultas. Aproveitar as
posibilidades das tecnoloxías pero non deixar que abusen do seu uso.
-
Atopar formas alternativas de
comunicación con familiares e amizades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario