1. EXPLICARLLE A SITUACIÓN. SE A COMPRENDE VAINA ACEPTAR MELLOR
Contarlle a verdade sen catastrofismos e
comentarios esaxerados. Valernos dos contos, vídeos e historias que temos
nos diversos blogs, incluído o da biblioteca.

Dar a información axeitada á idade e
capacidade de comprensión.
Facerlle ver que se cumprimos co confinamento
estamos axudándonos e axudando ao resto da xente a non contaxiarse.
Falar con positividade do tema.
2. FIXAR RUTINAS NOVAS
Estamos nunha situación diferente á
habitual.
Cómpre establecer novos horarios, rutinas,... e facelo de maneira conxunta, equilibrada e igualitaria.
Cómpre establecer novos horarios, rutinas,... e facelo de maneira conxunta, equilibrada e igualitaria.
Planificar e consensuar vainos axudar a
respectar espazos, tempos e necesidades,... Vainos axudar no aprender a decidir
e opinar, ao tempo que previmos conflitos innecesarios (conflitos
xurdirán, son connaturais á convivencia, o importante é xestionalos
adecuadamente, aprender a resolvelos: escoitar e falar son as bases dunha
adecuada resolución de conflitos).
Como suxestión teremos: horario de lecer,
de colaboración no fogar (evitando roles sexistas e educando na igualdade), de
fala conxunta, de lectura/escritura/repaso escolar, de momentos especiais para
cadaquén, ...
Teremos horarios, pero todo sen agobio,
pensados con flexibilidade e adaptables a cada situación familiar. Non existe
un horario ideal para toda a xente. Cada familia ten o seu propio ritmo e
necesidades.
/fotomurales-ilustracion-del-reloj-de-alarma-de-dibujos-animados.jpg.jpg)
3. INFORMARNOS SOBRE A PANDEMIA DE XEITO ADECUADO E POR FONTES OFICIAIS
Evitemos a sobreinformación e sobre todo
os bulos e alarmismos.
As fontes oficiais son a mellor maneira de
informarse.
Hai guías interesantes neste senso.
4. COIDAR O ESTADO DE ÁNIMO É FUNDAMENTAL
Ser positivas e positivos.
Evitar obsesionarse.
Manter hábitos saudables como: dieta
equilibrada, horario de sono adecuado, hábitos de hixiene, exercicio lixeiro e
dentro das posibilidades, acceso á luz natural cando menos uns minutos
diarios,...
Manter o humor. Buscar momentos para gozar
en familia.

5. APRENDER A COIDARSE E A COIDAR É TAREFA DE TODAS E TODOS
O contexto vai permitirnos traballar
múltiples aspectos relacionados co coidado, coa autonomía, coa prevención e
seguridade, co autocoñecemento,...
Coidarse e dispensar coidados ao resto da
familia é tarefa de todas e todos sen distinción de sexo. Os coidados son un
ámbito máis de corresponsabilidade que se aprende dende pequenas e pequenos.
6. NON É NECESARIO TER ACTIVIDADE, DIVERSIÓN OU TRABALLO TODO O TEMPO
Haberá momentos do día nos que será mesmo
adecuado aburrirse.
Inda que procuremos ter ocupación...
Tampouco hai que pasarse. Aburrirse de cando en vez é normal.
Non hai por que estar a todas horas
facendo algo. Evitar a sobreactividade.

7. SE NON PODEMOS SAÍR... QUE COUSAS QUE NON PODÍAMOS FACER ANTES PODEMOS AGORA?
Ser positivas e positivos e atopar cousas
diferentes que non tiñamos tempo de facer antes e que agora poderemos:
- xogar máis tempo xuntas e xuntos,
evitando estereotipos sexistas en xogos e xoguetes.
- dialogar máis
- pasar máis tempo en familia.
- facer "xx" que
sempre dicía que nalgún momento faría ou fariamos conxuntamente.
- aprender a... (pintar, coser, facer un
vídeo, cociñar, ...). Aprender cousas novas sen distinción de sexo, toda
actividade é igualmente válida para nenas e para nenos.

8. NON DEIXAR DE SOCIALIZAR, DE MANTER O CONTACTO. FOMENTAR AS RELACIÓNS AFECTIVAS
Inda que esteamos na casa temos que
procurar seguir mantendo contacto coa familia, amizades, veciñanza, compañeiras
e compañeiros,...
Non é necesario saír da casa, temos moitos
recursos para facelo.
Podemos usar as redes, neste caso é un bo
momento para lembrar como debe ser o seu uso adecuado, respectuoso, solidario,
non aditivo e saudable.

ÁNIMO! IMOS CONSEGUIR PARAR AO VIRUS!
QUEDEMOS NA CASA
No hay comentarios:
Publicar un comentario