Hoxe, moitas nenas e
moitos nenos teñen acceso aos móbiles. Non son un xoguete.
Xa que lles permitimos o
uso, debemos tentar que fagan del un uso
seguro e responsable.
Hai que alertalas e
alertalos sobre os perigos que uso inadecuado do mesmo pode xerar e das accións
que deben evitar:
- adición e uso
descontrolado do mesmo; lembrarlles que é un medio de comunicación
- descargar aplicacións
inadecuadas ou compartir arquivos non apropiados
- deixar que o móbil o
poidan usar outras persoas e que fagan un uso non apropiado (acostumarse a
poñer contrasinal de acceso e non compartilo con calquera)
- formar grupos
con xente descoñecida ou pouco coñecida
- conectarse a redes wifi
descoñecidas (indicarlles a desprotección que pode conlevar)
- facer fotos e
gravacións sen permiso (lembrarlles que só se pode gravar e fotografar a quen
lles dea permiso previo e que inda que teñan permiso para fotografiar, non
deben difundir esas fotos, imaxes e gravacións)
- insultar, ameazar,...
acosar ( deixarlles claro que o móbil serve para comunicarse e que non debe ser
empregado para acción violentas, que estas non son válidas en ningún momento e
espazo e tampouco por medio dos móbiles)
No hay comentarios:
Publicar un comentario