BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

9 oct 2010

LÍMITES AOS REIS DA CASA

Unha nova dos últimos días volve poñer sobre a mesa o tema dos límites, o exemplo familiar,...



Ter unhas normas claras, unhas rutinas diarias e uns horarios adecuados proporcionan seguridade ás nenas e aos nenos. Está comprobado que nun ambiente disciplinado, é mais doada a convivencia, desenvólvese a autoestima máis alta, hai máis autonomía e responsabilidade.

Poñemos normas, pero o malo é que pasamos a maior parte do tempo perseguindo ás nenas e aos nenos para lembrarlles cada unha delas: Recolliches? Fixeches os deberes? Lavaches as mans?... e acostumamos ás criaturas a que o que teñen que facer, faise cando avisamos.

Ás veces usamos ameazas para que cumpran, pero o malo é que como non cumprimos as ameazas, non cumprirán nunca.Vaise convertendo nun xogo entre familias e nenas e nenos, un xogo con regras cambiantes e un xogo que acostuman perder nais e pais.



Son inimigos da responsabilidade:

• Facer as cousas polas nenas e polos nenos

• Sobreprotexer e non esixir de acordo coas súas capacidades

• Quitar autoridade facéndolles ver que non pasa nada se non fan

• Recordarlle constantemente o que ten que facer, sen darlle oportunidade de que fagan

• Non ensinar a responsabilizarse

• Non revisar se cumpriron ou non, pensar que a responsabilidade aparece por arte de maxia.

• Permitir que boten a culpa a outras persoas do que non fan: “o compañeiro faloume e non me deixou facer” “a profe esixe moito” “estaba canso e non fixen” “é moito o que teño que facer”

• Non deixar que fagan as cousas soas e sós.

• Subestimar a capacidade das nenas e dos nenos: “teñen pouca idade” “é moito para que fagan” “non pode facer tanto”

• Dar prioridade a cousas que non o son: “non quero que pase a tarde facendo deberes, ten que ir a extraescolares”, “cando veño do traballo prefiro xogar con ela”,...

• Xustificar á nena ou ao neno cando non fai o que debe: “non puido facelo porque fomos ver a avoa”, “hoxe tiña natación” “chegamos tarde a casa”,...

Estes enlaces e o artigo que reproducimos a continuación pode axudarnos a reflexionar:

Los reyes de la casa... y del colegio



Autor: Javier Armesto


Publicado en Voz de Galicia. 8/10/2010


Se empieza desafiando al profesor y se acaba rompiéndole las muñecas. Es lo que ha hecho un alumno de secundaria de Castellón, y los responsables del centro sopesan la posibilidad de enviar al joven a un servicio de atención pedagógica. No consta que el chaval sea huérfano, pero, por lo visto, la familia ha dejado de ser el principal referente educativo.


Los padres de hoy en día llevan a sus hijos a desayunar al colegio, delegan su cuidado en abuelos y empleadas de hogar, pretenden que los centros de enseñanza sean una especie de aparcamiento donde dejar al niño hasta bien entrada la tarde e incluso quieren cambiar el calendario lectivo para que haya más clases extraescolares, menos vacaciones... A esto lo llaman «conciliar» la vida familiar y la laboral.


¿Autoridad docente? A ver quién manda callar en la escuela "a los reyes de la casa".

3 comentarios:

  1. Sempre nos parece aos pais que teñen moitos deberes que facer, que son pequenos, que lles temos que axudar... Imaxinaba que era un error non pedirlle esforzo, pero agora estou seguro. Miguel

    ResponderEliminar
  2. LA MALA CONCIENCIA NOS EMPIEZA A FUNCIONAR. ES VERDAD QUE LOS JUSTIFICAMOS... LOS PROTEGEMOS EN DEMASÍA. MERCEDES

    ResponderEliminar
  3. Ola Azu! Sigo enganchada ao voso blog a pesar de non estar xa no colexio. A fábula do ourizo está preciosa. Apertas para todos

    ResponderEliminar