BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

12 sept 2010

QUE TIPO DE PERSOAS QUEREMOS FORMAR?

Que tipo de persoas queremos formar?


A tarefa educativa das nenas e dos nenos, das fillas e dos fillos precisa ter unha meta para poder ir marcando pasiños para a súa consecución. Dependendo do que queiramos que sexan no futuro faremos unhas cousas ou outras.

Queremos cabezas ben cheas ou cabezas ben estruturadas? Queremos persoas dependentes ou persoas autónomas e que se vallan por si? Queremos persoas manipulables ou persoas con criterios propios?....

Un decálogo desexable par ao futuro podes er:

1º.- Persoas que gozan co que lles pode brindar a vida

Persoas que saiban aproveitar o que a vida lles dá, persoas que non pasen os días amargadas con imposibles. Persoas con habilidade para descubrir e para deleitarse, persoas con sensibilidade, persoas que sintan o pracer do descubrimento, da aprendizaxe,...

2º.- Persoas que sexan equilibradas.

Persoas que teñan equilibrio afectivo, cun xeito adecuado de ser e de comportarse. Que saiban desenvolver ao máximo as súas capacidades, con seguridade en si. Persoas que desenvolvan o aspecto intelectual, pero tamén e ao unísono o físico, o social, o moral, o afectivo, o actitudinal,....

3º.- Persoas que se coñezan e acepten a si mesmas.

Coñecerse, aceptarse... é a mellorar maneira de poder mellorar.

4º.- Persoas que aceptan e respectan todo o que hai na natureza.

Que aprecian o mundo natural, que gozan da natureza.

Que teñen sensibilidade ecolóxica e medioambiental.

5º.- Persoas que teñen un exquisito respecto cara ás demais persoas

Persoas que respecten ás diferenzas, que non acosen, que non se aproveiten do resto. Persoas tolerantes, persoas capaces de ser empáticas.

6º.- Que sexan persoas honestas, buscadoras da verdade.

A busca da verdade como motor da súa vida, como posibilidade de aprender máis, como posibilidade de non conformarse co que se sabe.

Cada día hai novas cousas que aprender e non debe desbotarse ningunha posibilidade.

7º.- Persoas que non culpan ás demais persoas do que lles pasa nin xustifican os seus erros nas actuacións do resto

Persoas que se senten capaces de superarse, que actúan con corrección, quen on xustifica nos seus actos polo que o resto fai. Persoas quen on vive nda crítica e os bisbeos, que se relacionan con adecuación.

8º.- Persoas que non teñen medo ao fracaso.

O maior fracaso é non facer por medo ao fracaso. Dos erros e dos fracasos hai que facer ocasións para aprender a mellorar.

9º.- Persoas que teñen sentido do humor.

O humor produce un certo relax psicolóxico que leva desdramatizar, a non

tomarse as cousas pola tremenda e a non virse abaixo ante as dificultades.

10º.- Persoas que valoran máis o ser que o ter.

Que valoran ás persoas máis polas calidades que teñen que polo diñeiro que atesouran. Valoran a vertente interna da persoa, o seu xeito de estar na vida, os seus valores, as súas capacidades,...

TEXTO ADAPTADO DE ESCRITOS DE CARMEN ILIZARBE

No hay comentarios:

Publicar un comentario