BENVIDA




BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BITÁCORA. OGALLÁ QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

7 mar 2019

RACHAR COS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: CORRESPONSABILIDADE


O XOGO NON DEBE TER XÉNERO: XOGUEMOS CREANDO IGUALDADE.

O xogo é para as nenas e para os nenos unha maneira de entender a realidade e apropiarse dos costumes sociais.
Dende pequenas e pequenos a familia e o entorno promoven maneiras de actuar e dan modelos de estar.  Podemos facelo en pé de igualdade ou non.
Se diferenciamos coa elección da cor do cuarto, da roupa, do tipo de xogos e xoguetes, estamos promovendo diferenzas futuras. Para ninguén é un segredo que a familia e os círculos sociais onde nos movemos celebran o nacemento dunha nova criatura (e mesmo antes de que naza) asignándolle de maneira estándar formas de vestir, cores de roupa. cores de cuarto, deseños das sabas e mantiñas, os xoguetes e os peluches,...
Por que azuis para os nenos e rosas para as nenas? Por que non de moitas cores diversas e variadas en gamas e tons?
Por que coches para uns e bonecas para as outras? Acaso non levan coches as mulleres, acaso non coidan bebés os homes?
Ás veces semellan pequenos detalles, pero son eses os que salientan diferenzas e reforzan estereotipos e roles que implican desigualdades de xénero.
Cos xogos aprenden a imitar ás persoas adultas, pero tamén aprenden habilidades concretas e potencian determinadas capacidades. Por que imos potenciar unha parte delas e desbotar outras? Os xogos permiten que aprendan cousas da realidade, que establezan vencellos co cotiá, que comecen a formar afinidades, que exploren habilidades motrices, sociais, somáticas, psíquicas e fisiolóxicas... como impedirlles unha experiencia rica e variada? Por que limitar as experiencias a uns xogos e xoguetes concretos?
Deberiamos cuestionarnos eses costumes de diferenciar por cores, por xoguetes, por xogos ... e potenciar o pensamento crítico, que as nenas e os nenos entendan que non hai cousas para nenas e cousas para nenos, se non que poden xogar con todo.
Na construción dun mundo máis xusto e máis igualitario, no que se respecten os dereitos das persoas, a eliminación de estereotipos de xénero é fundamental.
Pretendemos unha sociedade de corresponsabilidades no fogar e fóra, como podemos entón pedirlle a unha nena que non xogue con coches, ferramentas, bloques de construción? como pedirlle a un neno que non manexe a cociñiña, vista unha boneca, faga compras...? como podemos solicitar a unha nena que non xogue ao fútbol e a un neno que non faga ximnasia rítmica? Todos os xogos e xoguetes proporcionan habilidades, desenvolven creatividade, axudan a comprender as funcións das cousas,...
A sociedade cambia e os roles a desenvolver son válidos para todas e todos, como pedirlle ás nenas e aos nenos que non interactúen cos diferentes obxectos e prácticas sociais?
O xogo permite vivenciar situacións do cotiá, recoñecer o mundo, explorar de diferentes maneiras o espazo, o tempo e os obxectos, Cada xogo e cada xoguete ten as súas características e privar ás nenas e aos nenos dalgún deles significa cortarlles un cacho de experiencia, estimulación e exploración necesarias para vivir no mundo actual.
As nenas e os nenos non teñen prexuízos ante obxectos, xogos e xoguetes, somos as persoas adultas as que caemos na trampa dos prexuízos e ensinamos erroneamente que determinado xogo ten que asignarse a un sexo específico; somos as adultas e os adultos que de maneira coercitiva acoutamos a exploración das súas habilidades para un xogo ou outro. Temos un papel fundamental na construción da identidade das nenas e dos nenos, somos nas súas aprendizaxes o pivote que permite e acompaña as súas diferentes experiencias lúdicas, a exploración do medio, as fantasías, as inquedanzas, os desexos, as investigacións, as lecturas, ...
Co xogo buscan diversión pero tamén aprendizaxe, por que non aprender a ser iguais dende a infancia?
Evitar estereotipos dende pequenas e pequenos axuda a unha vida adulta máis igualitaria.

5 mar 2019

REFLEXIONADO SOBRE A CORRESPONSABILIDADE DOMÉSTICA: A IGUALDADE

ADEMAIS DAS NOVAS DE PRENSA QUE ESTES DÍAS NOS ACHEGAN DATOS E FEITOS, PODEMOS USAR NA CASA COAS NENAS E COS NENOS CONTOS, IMAXES,... E VÍDEOS. ESTE PERMITE QUE DIALOGUEMOS SOBRE A TEMÁTICA NA CASA E NAS AULAS.

9 feb 2019

IGUALDADE ANTE A CIENCIA

ESTES DÍAS PODEMOS APROVEITAR A CELEBRACIÓN DO 11 DE FEBREIRO (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia) PARA DAR UN PASIÑO MÁIS CARA Á IGUALDADE.
O PROPÓSITO É LOGAR O ACCESO, A PLENA PARTICIPACIÓN E O EMPODERAMENTO DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA, ADEMAIS DE VISIBILIZAR O TRABALLO DAS CIENTÍFICAS  E FOMENTAR A VOCACIÓN INVESTIGADORA NAS NENAS.
TEMOS VARIOS LIBROS QUE NOS PODEN AXUDAR:
Resultado de imagen de CIENTÍFICAS. COCINAN, LIMPIAN Y GANAN EL PREMIO NOBEL (Y NADIE SE ENTERA)

Resultado de imagen de calculadoras de estrellas

Resultado de imagen de LAS CHICAS SON DE CIENCIAS
Resultado de imagen de supermujeres superinventoras ideas brillantes que transformaron nuestra vida

Resultado de imagen de ada magnífica científica

Resultado de imagen de PRIMATES. LA INTRÉPIDA CIENCIA DE JANE GOODALL, DIAN FOSSEY Y BIRUTÉ GALDIKAS

Resultado de imagen de PRIMATES. LA INTRÉPIDA CIENCIA DE JANE GOODALL, DIAN FOSSEY Y BIRUTÉ GALDIKAS

Resultado de imagen de MUJERES Autores: Isabel Ruiz Ruiz

20 ene 2019

A PAZ E A NON VIOLENCIA.

HAI MOITOS PERSONAXES SOBRE OS QUE PODEMOS TRABALLAR NESTES DÍAS E QUE NOS PERMITEN DEBATER SOBRE O SIGNIFICADO DA PAZ:
Resultado de imagen de rigoberta menchu
RIGOBERTA MENCHÚ
Resultado de imagen de wangari
WANGARI MAATHAI
Imagen relacionada
JANE ADDAMS
Resultado de imagen de mujeres premio nobel de la paz
MALALA